PROTOCOLO COVID-19
NORMAS SANITARIAS
E DE PROTECCIÓN
NORMAS XERAIS
As seguintes normas e protocolos derívanse do Plan de Continxencias Covid-19 específicamente creado para British Heritage por técnicos profesonais en cada materia, xestionado e auditado por unha entidade independente con certificados oficiais.
1- Uso de máscara: En todas as zonas comúns e as aulas é obrigatorio o uso de máscara para maiores de 6 anos e uso recomendado para os menores de esa idade. Só se autorizará o acceso sen máscara naqueles casos exentos por prescripción médica presentando o correspondente certificado.
2- Lavado de mans: Obrigatorio cando se acceda ao centro. Ademais cada aula dispón de dispensadores de xel para poder facer o lavado con toda a frecuencia que desexen.
3- Limpeza e desinfección: As aulas serán desinfectadas despois de cada clase e antes de que accedan os alumnos/as da seguinte. Manterase o interior en constante ventilación a través dos sistemas de renovación, desinfección e purificación de aire (sistema Dyson®). Todas as aulas dispoñen de dispensadores de xel hidroalcohólico para a hixienización e lavado de mans ademais de alcohol e líquidos para a desinfección de superficies e obxectos en calquera momento.
4- Distancia de seguridade: Segundo a normas en vigor a distancia a manter será de 1 a 1,5m. nas áreas comúns aínda que seguiremos recomendando a regra anterior de 2m. Nas aulas as posicións dos alumnos/as están distribuidas de tal xeito que exista a distancia de seguridade a aplicar segundo as normas que as autoridades educativas e sanitarias indiquen en función das idades e a situación de cada momento.
5- Grupos burbulla: Cos procedementos estabrecidos cada grupo manterase con facilidade sen nengún contacto co resto de grupos e alumnos/as xa que a acceso e saída efectuarase de forma independente pola saída de emerxencia.
6- Materiais do curso: Cada alumno/a deberá traer o seu propio material (libros, lapis, bolígrafos, etc.) e gardar os obxectos persoais (chaquetas, mochilas) debaixo do seu posto.
7- Circulación interior: Recoméndase o uso do lado esquerdo para o sentido de entrada ao centro e o lado dereito para o de saída e a circulación interior.
8- Área escolar: o acceso a zona escolar continúa restrinxido e só poderán acceder os alumnos/as e o persoal de British Heritage.
9- Área recepción, zona de espera e administración: a zona de espera manterase pechada. Recepción e administración limita o seu aforo a 3 persoas. Recomendamos realice os seus trámites administrativos por vía telématica, teléfono ou email na medida do posible.
PROCEDEMENTO DE ACCESO E SAÍDA
1- Os alumnos/as e os seus acompañantes deberán agardar no exterior das nosas instalacións mantendo a distancia de seguridade de 1,5 m. (2m. recomendada) ata que se lles indique que poden acceder. Cada 'teacher' encargarase de dar acceso aos seus alumnos/as por turnos para evitar a concentración simultánea de persoas. Recoméndase acudir ao centro entre 10 e 5 minutos antes do comezo da clase.
2- Na entrada do centro están situados tres postos de hixienización e desinfección de mans. Ordeadamente e mantendo a distancia de seguridade todas as persoas deberán lavarse as mans antes de acceder.
3- Os/as alumnos/as deberán dirixirse directamente as súas aulas evitando no posible o contacto con obxectos e superficies.
4- A Saída de Emerxenciaserá a nova ruta de saída das instalacións. Do mesmo xeito que no proceso de entrada, cada grupo sairá por separado, sen contacto co resto de grupos, guiados polo seu 'teacher'.
ALUMNOS/AS ONLINE
As clases online consisten en conexión en directo co seu grupo presencial, é dicir, a teacher, horario, días e asistentes son os mesmos en calquera modalidade.
1- Os alumnos/as que, ben por quendas ou ben por que seleccionaran a modalidade 100% ou 50% online, terán que conectarse coas súas respectivas aulas cun mínimo de 5 minutos de anterioridade ao comezo da clase.
2- Poderán manter a conexión ata un máximo de 5 minutos despois da finalización da clase no caso de que desexen facer algunha consulta ou aclaración.
3- Os alumnos/as nas modalidades de curso mixto presencial + online ou 100% online poden solicitar titorías presenciais ou onlineco seu profesor/a.