Novedades

British Week 2020

British Week Contest 2020

Estimados alumnos, alumnas, pais e nais:

O 23 de abril celebramos St. George's Day, día nacional de Inglaterra e, coma todos os anos, para conmemoralo, organizamos a British Week (Semana Cultural Británica) e realizamos o noso concurso.

Este ano, pese ás circunstancias nas que nos atopamos, non vai ser diferente e non nos quedaremos sen celebrar a nosa British Week!!! Como non a podemos celebrar todos xuntos presencialmente, comprácenos invitarvos a tomar parte na British Week de forma virtual a todos, dende os máis pequerrechiños ata os grupos de adultos. Temos tempo para dar renda solta a creatividade e lembrade que coma sempre haberá estupendos premios como en edicións anteriores!

Queremos mandarvos un grande abrazo e ánimo a todos nestes momentos de confinamento, queremos que saibades que o estades facendo moi ben, sobre todo vós: os máis pequenos, a alma das nosas vidas!

Todo o equipo de British Heritage botámosvos moitísimo de menos, tanto aos nenos coma aos familiares e desexamos que todos esteades ben e que pronto poidamos vernos.

Lembrade que se precisades de calquera tipo de axuda podedes contar connosco tanto a nivel escolar ou de calquera maneira, sempre estaremos dispoñibles! O noso teléfono e e-mail, así coma as contas de correo dos profesores están aí para vós!

Podedes seguir empregando a Área Privada da academia para atopar exercicios e, os grupos que traballedes co Direct Method, aproveitade agora máis que nunca as 100 horas de curso online!!!

986203306 - 677677123 de 11:00 a 13:30 e de 17:00 a 20:00h.

 info@britishvigo.com

#STAY AT HOME

#QUÉDATE EN CASA


CONCURSO BRITISH WEEK


QUE É A BRITISH WEEK?

1.O obxectivo non é só seguir practicando inglés, senón tamén coñecer o noso país, o Reino Unido, aproximándonos, entre outros aspectos, á súa realidade cultural, económica, a súa historia e forma de vida, a través de actividades e proxectos que, á súa vez, promoven a creatividade de todos os alumnos e alumnas (nenos e adultos).

2.Temática: hai un amplo abanico de temas relacionados co Reino Unido. Ao final desta circular, incluímos unha lista de suxestións chamada "Temas British Week" onde podedes atopar moitísimos temas sobre os que traballar, podedes facer o proxecto sobre un en concreto, o facer un mix de varios, deixámolo á vosa elección.

3. Fases do concurso

- Elaboración e envío de traballos con data límite o 10 de maio ás 23:59 horas.

- Avaliación e anuncio dos traballos gañadores a través da nosa páxina web e Facebook o 25 de maio. www.britishvigo.com e https://es-la.facebook.com/britishheritage.vigogalicia

4. Lembrade que é algo opcional, non o tomedes coma un traballo ou unha obriga, é só unha distracción para estes momentos.


BASES DO CONCURSO

1- Poden participar todos los alumnos de British Heritage, dende os grupos de rapaces máis pequenos ata os grupos de adultos.

2- O proxecto pódese presentar en varios formatos: por ordenador o papel, fotografías, diagramas, debuxos, pósters, collage, mosaicos, disfraces, vídeos con representacións, Power Point, PDF, etc. Iso si, con temática British, facendo explicacións e aclaracións sobre o que estades mostrando e sempre respectando as bases do concurso. Prepara o teu proxecto empregando ceras, papel, recortes de revistas, cartón ou cartolinas, plastilina, Lego, roupa vella ou calquera outro obxecto reciclable, fai un vídeo, un teatro, unas marionetas. Non poñemos límites á túa imaxinación sempre e cando o proxecto final poida ser enviado a través de medios telemáticos, fotografado ou gravado en vídeo para ser transmitido.

3- Se os traballos se presentan en formato vídeo non se limita a duración pero deben ser dun tamaño ou de xeito que permita o seu posterior envío coas utilidades e medios tecnolóxicos que os alumnos e alumnas teñan na casa e dispoñibles en Internet.

Os traballos feitos en vídeo serán publicados na nosa canle de YouTube, British Heritage Vigo.

4- Os traballos deben ser feitos en INGLÉS. Non se poden entregar traballos de outros anos ou que foran empregados previamente para outros propósitos distintos da nosa British Week, así coma os que sexan literalmente copiados de outros traballos existentes. Os que non cumpran estes requisitos quedarán automaticamente descualificados. 

5- A avaliación será feita conforme aos niveis que os alumnos cursan neste momento na academia, sempre tendo en conta a idade, esforzo, creatividade e orixinalidade.

6- Os traballos poden ser individuais ou en grupos de máximo 4 participantes da mesma clase da academia.

7- Os participantes enviarán os seus traballos poñendo BRITISH WEEK + NOME E APELIDOS DO ALUMNO NO ASUNTO DO CORREO ao e-mail do seu profesor ou, no seu defecto a INFO@BRITISHVIGO.COM. 

NON se terán en conta aqueles traballos enviados a outras contas de correo distintas ás habilitadas e só se permitirá o envío de un traballo por alumno.


por exemplo se a súa profesora é Marina, faga o seguinte 

(se ten dúbidas pode empregar a conta de info@britishvigo.com)

ENVÍE UN CORREO A marina@britishvigo.com

asunto: BRITISH WEEK - alumno: ÁLVARO ÁLVAREZ ÁLVAREZ


CONTAS DE CORREO DISPOÑIBLES PARA ENTREGAR OS TRABALLOS DA BRITISH WEEK:

marina@britishvigo.com

kennya@britishvigo.com

mabel@britishvigo.com

elisabet@britishvigo.com

evanessa@britishvigo.com

zintia@britishvigo.com

isolde@britishvigo.com

info@britishvigo.com


Lembrámoslles que estas contas poden ser empregadas en calquera momento para resolver dúbidas de este proxecto, para as actividades de manutención do curso a través das distintas ferramentas que mantemos á vosa disposición de xeito gratuíto, ou calquera dúbida que poidades ter nestes intres sobre as actividades que vos manden da escola ou instituto e axudarvos a pasar o curso na medida do posible.

8- O prazo de entrega dos traballos será ata o 10 de maio a las 23:59 horas.

9- PREMIOS (todas as categorías):

1os. - Mochila British Heritage + Matrícula C. 2020-2021 gratuita.

2os  - Mochila British Heritage + 50% desconto Matrícula C. 2020-2021

3os. - Mochila British Heritage 

Os premios serán entregados cando o goberno autorice a reapertura dos centros educativos, sempre que o alumno permaneza activo, senón pasaríamos ao seguinte gañador suplente.

10- O envío do traballo o proxecto final, implica haber lido e aceptado todas as normas e bases descritas nesta circular.


---------------------------------------------------------------------

TEMAS BRITISH WEEK 

Deixámosvos algunhas suxestións para que poidades guiarvos e orientarvos, podedes facer o que queirades sempre que garde relación co Reino Unido!

Os máis pequenos da casa poden divertirse facendo traballos manuais con calquera cousa que atopen por casa ou, os máis atrevidos poden incluso interpretar algo coma o que suxerimos no punto B pero se calquera dos outros temas do punto C (pensados para os maiores) vos serve de inspiración, adiante! A pesares das recomendacions de idade se alguen maior de 12 anos quere facer un video/teatro ou incluso un debuxo dun dragón será tido en conta a orixinalidade con respecto a sua idade e nivel.

A. Traballos manuais caseiros (ata os 7 anos):

- Lenda de Saint George: fai un dragón, o escudo do cabaleiro, espadas, escudos de armas, etc.

- Fai unha careta divertida e graciosa dalgunha figura popular ou histórica británica.

- Monumentos/arquitectura: castelos, o Big Ben, pontes famosas, Stonehenge, etc.

-So British: iconas británicas por exemplo as antigas cabinas de teléfonos o caixas de correo, o coche Mini, os Beatles, garda real, etc. 

- Outras opcións: bandeiras, mapas, a raíña e a familia real/mascotas, a coroa, as xoias.
 
B. Interpretación/representación en vídeo (ata os 12 anos):

- Vídeo: Master Chef! prepara ou cociña unha receita tradicional británica.

- Teatro: prepara unha función/parodia das figuras populares ou dos animais

- Xogos típicos do Reino Unido coma o cricket ou o golf.

- Outras ideas en formato vídeo: toca o teu instrumento, fai un monólogo ou conta uns chistes, canta cancións ou rimas infantís, recita poemas ou escenas dunha función de teatro.


C.MAIS TÓPICOS SOBRE OS QUE TRABALLAR (calquera idade):

- Feitos e figuras históricos, historia relacionada cun monumento, edificio, castelo, localización xeográfica. Biografía dunha personalidade destacada.

- Historia de Gran Bretaña. A liña do tempo da historia de Gran Bretaña: A formación do Reino Unido. Historia da súa monarquía.  O imperio inglés. A diferenza entre o Reino Unido, Gran Bretaña e as illas británicas. Historia da bandeira Union Jack e das outras bandeiras (Gales, Escocia, Inglaterra).

- Cultura, arte, lecer, museos, monumentos, turismo, economía, industria, agricultura, tecnoloxía, pesca, compañías, bancos. Política e goberno, parlamento, partidos políticos, o primeiro ministro e o goberno, o parlamento escocés. Poboación, produto interior bruto, inflación, coste da vida, desemprego, importacións-

- Os medios de comunicación: Teatro, cine, televisión, os canais en satélite, cable e online, emisoras de radio, xornais e revistas. Series e producións de cine británicas antigas ou modernas

- Deportes e eventos actuais. Referencias históricas a deportes orixinalmente británicos (tenis, fútbol, cricket, rugby, etc.). Festivais e celebracións: día de St. George's, St. Andrew's, St. David's.

-Costumes, tradicións, supersticións, lendas, contos de fadas, contos (por exemplo o Rei Arturo e os Cabaleiros da Mesa Redonda, o Monstro do Lago Ness, Robin Hood, Jack e as xudías máxicas, Os tres porquiños, etc.)

- Literatura: principais autores ao longo da historia; pintores; músicos; cantantes e grupos de música clásicos ou modernos, así coma grandes éxitos).

- Símbolos e emblemas británicos (os tres leóns, a rosa vermella, a bandeira real, os autobuses de dúas plantas, as caixas de correo vermellas, cabinas telefónicas, Big Ben, Fish&chips, BBC, etc.).

- Xeografía e poboación. Puntos de referencia, ríos, montañas, paisaxes. Rexións, condados, vilas, cidades principais. Inmigración. Exportacións, a inmigración, estándares de vida, renda per cápita

- O tempo atmosférico. Natureza e vida silvestre. Fauna e flora, parques nacionais.

-Himnos: o inglés, o escocés, o galés, o de Irlanda do Norte, así coma o God Save the Queen ou o Rule Britannia.

- O sistema nacional de saúde (NHS) e o sistema educativo.

- Vida cotiá: A moeda: as libras esterlinas. O transporte. A comida e a bebida, receitas, pratos tradicionais e bebidas. Ir de compras no Reino Unido (centros e áreas comerciais, Harrod’s, Boots, Primark, Tesco, etc.). Etiqueta: os bos modais e os costumes sociais.

- Onde ir, rutas áreas, puntos de interese, hoteis.

- Inventos británicos, innovacións e descubrimentos.


A DISFRUTAR!!! DEIXADE VOAR A VOSA IMAXINACION!!!


UN SAÚDO DE TODOS OS MEMBROS DESTA GRAN FAMILIA QUE SOMOS EN BRITISH HERITAGE


 volver
Avda da Florida, 32 Bj.L | 36210 Vigo
Teléfono: 986 203 306 - 677 677 123
info@britishvigo.com

DLL WORLDWIDE ASSOCIATED CENTERS: ANGOLA, BAHRAIN, BRAZIL, BULGARIA, CANADA, CHINA, COLOMBIA, CYPRUS, CHILE, CZECH REPUBLIC, ECUADOR, EGYPT, FRANCE, GEORGIA, HUNGARY, GERMANY, ITALY, JAPAN, KAZACHSTAN, MEXICO, LATVIA, NORWAY, PERU, PHILIPPINES, POLAND, PORTUGAL, RUSSIA, SERBIA, SLOVAKIA, SLOVENIA, SOUTH COREA, SPAIN, SWITZERLAND, TAIWAN, THAILAND, UNITED KINGDOM, UNITED STATES, UKRAINE
GALICIA: Abegondo, A Coruña, A Guarda, Arteixo, Cambre, Carballo, Cee, Culleredo, Cuntis, Ferrol, Moaña, Oleiros, Ponteareas, Pontevedra, Santiago, Sada, Valdoviño, Verín